21 jun 2010

a molécula de auga

A molécula de auga está formada por un átomo de osíxeno unido a dous átomos de hidróxeno, formando un ángulo de 104`5º. Trátase dunha molécula polar, xa que o osíxeno é máis electronegativo, e os hidróxenos menos, dando así lugar a unha zona con carga neta positiva e outra con carga neta negativa. Isto permite que entre as moléculas de auga se produzan reaccións dipolo-dipolo, por atracción entre o osíxeno (negativo) dunha molécula e un hidróxeno (positivo) de outra molécula cercana, dando así lugar á formación dun enlace por ponte de hidróxeno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario